Ramón Tojo solicita aprobar o remate da casa de Bernardo Mera na Cañiza para as subvendas que se levarán a cabo.
Nota na que se di que Ricardo Blanco-Cicerón pide arreglar o caso con Bernardo Mera e o día en que Simeón García inscribiu as fincas no rexistro da propiedade.
Ramón Tojo, no nome de Simeón García de la Riva, representante da sociedade `Simeón García y Compañía`, solicita a colocación en sitios públicos do aviso da subasta dos bens embargados a Bernardo Mera.
Carta de Pedro Román a Simeón García informándolle das características da casa da Cañiza antes de ser taxada en subasta pública.
Bernardo Mera propón a Simeón García seguir vivindo el na casa, pero pagándolle un arrendo en virtude das débedas contraídas, e non sacala a subasta pública.
Nota recordatoria de cousas que ten que facer: Blanco-Cicerón (dicirlle que escriba a Ruperto), Simeón García (preguntar se quere un outorgamento sobre o caso Mera) e Ramón Tojo (pedir un borrador).
Resposta á carta de Cañedo de Celanova no asunto de Mera sobre a adxudicación dos bens deste na Cañiza requeridos polo xuíz. Non está asinada.